A candidata do BNG pon o foco nos “grandes propietarios como fondos voitre, a banca ou as sociedades mercantís que especulan con este ben”
A candidata do BNG, Ana Pontón, prometeu este sábado en Santiago que se chega á Xunta facilitará o alugueiro á mocidade de 4.000 vivendas baleiras. Segundo salientou, Galicia ten 300.000 vivendas baleiras e o seu obxectivo é “comezar por mobilizar as que están en mans de grandes propietarios como fondos voitre, da banca ou das sociedades mercantís que especulan con este ben (Socimis)”.
“O proximo goberno que aspiramos a liderar terá o compromiso claro de facer unha aposta por garantir o acceso a unha vivenda, moi especialmente dunha mocidade que quere emanciparse e non pode pola combinación de prezos altos e salarios baixos que impiden desenvolver os seus proxectos de vida”, salientou Pontón.
Pontón elixiu para facer o seu anuncio as vivendas de Belvís desenvolvidas polo BNG durante o bipartito
“Son necesarias medidas fiscais, tanto de penalización como de incentivo para mobilizar inmobles baleiros e tamén para controlar e desincentivar a especulación. gualmente, apostaremos pola promoción pública e pola rehabilitación”, destacou Pontón. A líder nacionalista elixiu as vivendas de Belvís, en pleno corazón de Compostela, para lanzar a súa promesa, por ser estas as últimas de promoción pública ofertadas en alugueiro na cidade “e que foron desenvolvidas precisamente polo Bloque desde o Goberno da Xunta”.