Política
Pactos ás costas do pobo, que xa non son de recibo...
Antonio Chaves
AGEe, Os Pobos Deciden e Podemos compartirán grupo na Eurocámara
Lidia Senra, Josu Juaristi e Pablo Iglesias participan na xuntanza de constitución do grupo GUE/NGL cuxa presidenta, Gabbi Zimmer, se amosa "feliz" por recibir novos membros que farán que a esquerda teña unha "voz forte" no Parlamento Europeo.
O PP accede a cumprir a lei e pagar a Risga en prazo
O Parlamento aproba por unanimidade unha iniciativa do BNG para "axilizar" o pagamento da Renda de Inserción Social, un subsidio para persoas en risco de exclusión que está a tardar en ser concedido ata oito meses. Dende 2010 duplicáronse as persoas que a perciben.
O PP acelera a contrarreforma do aborto para deixala durmir ata setembro nas Cortes
Sanidade inclúe por sorpresa o proxecto que abandeira Ruiz-Gallardón na reunión do Consello Interterritorial de Saúde deste mércores. O CGPJ sinala fallos xurídicos na futura lei e o gabinete de Rajoy valora non pedir a opinión do Consello de Estado.
O Congreso aproba sen sorpresas a sucesión na monarquía
Houbo 299 votos a favor da lei de abdicación, 19 en contra e 23 abstencións. PP e PSOE apoiaron sen fisuras o proceso, mesmo entre os socialistas, nos que tan só Odón Olorza se abstivo e Guillem García se absentou. A Esquerda Plural, ERC e BNG votaron en contra.
Feijóo, exasperado, dispara contra todos tras o colapso de Santiago
O presidente da Xunta esixe as dimisións dos alcaldes de Lugo e Ourense mentres asegura non "escudarse en miserias" alleas. O xefe do Executivo equipara casuísticas de Ames, Vilalba ou Andalucía co acontecido en Compostela tras a chegada ao poder de Conde Roa, da que o responsabiliza a oposición.
A Xunta Electoral recoñeceulle ao BNG, o día dos comicios, o dereito a ter espazo nos medios públicos
Resolveu o mesmo 25 de maio o recurso presentado por UPyD, sinalando que o BNG é un grupo político "significativo" en Galicia, que obtivera 103 mil votos en 2009 (aínda que nunha coalición distinta) e que debía ter acceso a unha cota informativa proporcional na TVG e na RG.
O Reino de España, ficción ou realidade?
Xulio Pardo de Neyra
Hernández afánase en vender "normalidade" en Compostela
Feijóo proclama a apertura dunha etapa "nova" e "longa" no Concello de Santiago coa chegada de Agustín Hernández, que tomará posesión arredor do 1 de xullo, tres anos despois da chegada ao goberno local de Gerardo Conde Roa.
O Parlamento debate o informe do Valedor do Pobo, inzado de incumprimentos da Xunta
Para AGE, o documento demostra que "as políticas do Partido Popular están as poñer en risco a vida das persoas". O PSdeG-PSOE critica o “absoluto e lamentable desinterese do PP” por nomear un novo Valedor, posto vacante e ocupado por un dos vogais dende hai ano e medio
Os 'Feijóos' de Compostela fallan dúas veces
O PP presentou os seus candidatos en 2011 como "315 Feijóos". A arriscada candidatura de Compostela, encabezada por Gerardo Conde Roa, vén de provocarlle ao presidente da Xunta a súa peor crise política dende a publicación das fotos con Marcial Dorado. Vídeos no interior.