Política
A xuíza da Pokémon imputa o alcalde de Ferrol ao sospeitar que Véndex lle pagou viaxes
Pilar de Lara imputa por suborno o alcalde de Ferrol e presidente da Fegamp, José Manuel Rey, cunha providencia na que cita nas mesmas condicións a José Luis Baltar, a ex cargos locais do PSdeG e a un ex edil do BNG na Coruña. Vixilancia Aduaneira vixilou en 2011 contactos entre a empresa e o rexedor ferrolán, que nega calquera irregularidade e asegura coñecer só "de vista" a un dos presuntos líderes da trama.
A Mineira de Corcoesto revíraselle á Xunta
A empresa canadense que pretende explotar os xacementos auríferos de Bergantiños amaga con reclamarlle á Xunta 20 millóns de euros por frear o proxecto apoiándos en motivos económicos e fai públicas conversas co director do Igape. Salvemos Cabana critica o "ataque" da compañía contra o Goberno galego.
A fundación do PP logra medio millón de euros de cooperación ao desenvolvemento
O Ministerio de Exteriores adxudícalle á FAES o 60% dos cartos que distribúe entre as fundacións dos partidos políticos baseándose no número de escanos de cada formación e nunha valoración técnica. A fundación do PSOE supera os 250.000 euros e a do BNG queda en 2.500.
Quen "dana" o Concello de Compostela?
O próximo alcalde da capital carga contra PSdeG e BNG por prever levar á Xustiza a composición do goberno municipal, que estará formado maioritariamente por persoas non electas.
A Xunta rexeita que o galego se reduza no ensino pero négase a publicar os datos
A Consellería de Educación responde ao estudo d'A Mesa e ás reclamacións da RAG negando que exista unha "deriva desfavorable" para o idioma nas aulas sen ofrecer unha soa cifra. En 2012 o Goberno admitiu que ao chegar ao poder sabía que a situación da lingua era "moi desfavorable" aínda que en público dicía o contrario.
Marcos invisíbeis, fronteiras impensadas
Gabriel Vezeiro-Sueiras
Podemos
Xosé Coello
O Consultivo avala a fin do contrato de Aquagest en Teo, que estuda municipalizar o servizo
O Consello Consultivo apoia a nulidade de pleno dereito da prórroga contratual coa compañía, actualmente ditaminada Viaqua, cando o PP gobernaba o municipio. O goberno local busca vías para recuperar o control público do subministro de augas.
A RAG urxe a Xunta a atallar o "deterioro" do galego no ensino
A Real Academia Galega diríxese á Xunta para instala a cumprir o denominado decreto do plurilingüismo e avaliar a situación da lingua propia nas aulas. A reclamación chega dous días despois de que A Mesa constatase que só 7 colexios urbanos dan aulas de infantil en galego.
Nin República nin Monarquía, proceso constituínte
Suso de Toro
O Sergas ocúltalle ao Parlamento canto persoal traballará no verán do récord de peche de camas
A Consellería de Sanidade evita aclarar canto persoal cubrirá as vacacións dos seus profesionais durante o período estival, no que pechará 1.095 camas nos hospitais galegos.