Política
Só 2 dos 19 senadores galegos aproban
Estudo do rendemento dos representantes galegos no Senado español, que mostra que os 2 senadores máis activos realizan o 87% do traballo. Unha vez máis, os senadores da oposición sacan mellor nota que os do goberno, o que neste caso se traduce nun rotundo suspenso dos 14 senadores e senadoras do PP.
Os cataláns decidirán
Xoán Antón Pérez-Lema
Pachi Vázquez quere unha reforma profunda dun PSdeG para o que pide "un trato diferenciado" no PSOE
Abre a porta a un congreso ordinario para que "non só se cambie a tripulación, senón que se faga un barco novo". O secretario xeral reclama "un itinerario propio do PSdeG dentro do PSOE federal amparándose na condición de comunidade histórica de Galicia".
Feijóo irrompe na campaña catalá para porse como exemplo fronte a Artur Mas
"Os políticos non están para axitar bandeiras, senón para pagar facturas", asegura o presidente da Xunta nun acto do PP no Centro Galego de Barcelona para apoiar a Alicia Sánchez-Camacho.
Alternativa Galega de Esquerda no parlamento
Manuel Ángel Candelas
Anova preséntase en Compostela co obxectivo de ser alternativa ao PP nas municipais
A formación nacionalista organízase en Santiago e convida a toda a cidadanía "a construír unha alternativa sólida e real ao desgoberno do Partido Popular" na capital galega.
PP e PSOE negáronse reiteradamente a aprobar cambios na lei hipotecaria
Diversos colectivos cidadáns presentaron no Congreso Iniciativas Lexislativas Populares sobre a dación en pago, pero ningunha logrou prosperar. Varios partidos solicitaron tamén modificacións normativas que foron sempre rexeitadas por populares e socialistas.
O PSdeG evita pechar a súa crise á espera dun líder que se postule
O Comité Nacional remata entre varias peticións de dimisión a Pachi Vázquez, pero coa única solicitude clara de axilizar o congreso para acelerar a renovación. A elección de secretario xeral podería abrirse a toda a militancia.
Pachi Vázquez avanza o seu adeus e culpa do fracaso á "falta de credibilidade" do PSOE
Anuncia un comité nacional en xaneiro que "definirá o calendario" para a renovación. O secretario xeral do PSdeG asume "erros propios", pero destaca a "inercia" negativa do socialismo en toda España. Ao peche desta edición continuaban as intervencións no Comité Nacional.
Camiño do 25N: A análise da campaña catalá
O blog Praza Catalunya analiza a campaña, as propostas e os discursos dos partidos cataláns de cara a uns comicios autonómicos que teñen como gañador virtual a Artur Mas, pero nos que quedan aínda moitas incógnitas.
Un manifesto apoia desde Galicia o dereito a decidir de Catalunya
Máis de 800 persoas da política, da cultura ou do sindicalismo defenden "desde a esquerda" o "dereito a que o pobo catalán poida someter a referendo a súa permanencia ou non no Estado español". "Mentres non se recoñeza a realidade plurinacional e o dereito a decidir, o sistema político non será plenamente democrático", din.