Mineira de Corcoesto recrúa a vinganza contra a Xunta nun litixio que xa custou 600.000 euros públicos
Denuncia que un intermediario pediu 1,5 millóns de euros a repartir entre Feijóo e altos cargos para levar a cabo o proxecto e pon cifras e nomes á acusación de corrupción de hai dous anos. A Administración leva máis de medio millón de euros gastados na batalla legal contra a compañía.