Política
O BNG presenta a súa "asemblea de portas abertas" para "relanzar a organización"
O Bloque di "apostar por novas caras e reforzar o papel da xente moza" na súa XVI Asemblea Nacional, na que busca "ampliar o campo do nacionalimo" máis aló da militancia
A Xunta culmina a renuncia a pechar o Consorcio de Benestar coa integración do seu persoal
Política Social e Facenda asinan coa CIG, CC.OO. e UGT a integración do persoal do Consorcio no convenio colectivo da Xunta e poñen fin a un conflito que se prolongou durante unha década. O actual Goberno chegou a aprobar a disolución do ente, pero nunca a culminou.
A comisaria de Transportes da UE pecha as portas a unha investigación independente de Angrois
Violeta Bulc obvia a petición da Eurocámara de que lidere outra análise técnica do sinistro e déixaa en mans do Goberno, que a segue rexeitando
Contas certifica que privatizar o mantemento no Sergas empeorou o servizo e apenas supuxo aforro
O Consello de Contas detectou "incumprimentos" na reparación de equipos, arranxos "incorrectos" ou traballos non realizados, como o persoal vén denunciando dende 2013. Sanidade non prescindiu da empresa ata a fin do contrato por ser "difícil", pero admite que decidiu non renovalo
CRÓNICA | Eterno bipartito
O breve goberno de PSdeG e BNG permanece como a navalla suíza dos conservadores galegos, unha ferramenta política multiusos que tras a volta do PP á Xunta moi poucas voces deron en reivindicar como útil
O cristo dos tempos modernos
Julián Bustelo
A coresma que sempre comeza e nunca acaba
Xosé Antón Jardón
Feijóo insta a "loitar pola igualdade" sen "politizar os problemas das mulleres"
O presidente da Xunta considera nun acto celebrado polo PP como "homenaxe á muller" que "en canto politizamos a igualdade estamos faltando ao respecto ás mulleres.
O Grupo Villar Mir reclamou 56 millóns para devolver a auga á fervenza do Ézaro
O Supremo e o TSXG desbotan a indemnización que Ferroatlántica esixía á Xunta por reducir o caudal do seu encoro. Unha sentenza defende que a concesionaria era consciente da ilegalidade que supuxo o permiso concedido polo Goberno de Fraga para secar o río
Feijóo desbota a taxa turística que propón o Concello de Santiago: "Non interesa, non hai overbooking"
O alcalde compostelán defende ante o presidente da Xunta máis fondos para a capital galega e avanza que o martes pedirá ao rei a convocatoria do Real Padroado como fonte de investimentos cara ao Xacobeo 2021
A Deputación ofrece o 45% dos fondos para restaurar o Pasatempo se a Xunta achega outro tanto
O alcalde de Betanzos mantén este venres unha xuntanza con Patrimonio onde lle proporá ese "acordo a tres bandas" no que a Administración autonómica achegaría o 45% e o municipio o 10% restante dos 1,3 millóns de investimento para recuperar este histórico parque.