Ciudadanos troca o seu deputado galego por un ex de UPyD e reabre a súa crise en Galicia
Prescinde de Antonio Rodríguez, único representante galego da formación nas Cortes, que cualifica de "cacicada" a decisión. Cinco agrupacións da Coruña piden a Rivera que "recitifique" e recupero o ex parlamentario, substituído como número un por un ex aspirante á Xunta por UPyD.