O novo ministro de Xustiza, acusado de "presionar" e "mentir" ás vítimas de Angrois
A plataforma Alvia 04155 amosa a súa "indignación" polo "indecente nomeamento" do que fora secretario de Estado de Infraestruturas durante o sinistro ferroviario, ao que acusan de "mentir e non depurar responsabilidades". A ex deputada do PP ferida acusárao de presionala para non criticar a Renfe ou Adif.