
O arquivo doutra peza contra o ex-alcalde socialista de Ourense enfraquece máis o que queda do caso Pokémon
Tras outro recente peche dunha póla do caso Pokémon contra Conde Roa (PP), un xulgado de Ourense arquiva as acusacións de tráfico de influencias contra o ex-rexedor ourensán Francisco Rodríguez ao velas baseadas en "sospeitas ou indicios preliminares". Os investigados "non tiveron posibilidade de recoñecer ou contrastar" as escoitas telefónicas nas que De Lara baseou o caso, di o xuíz