Política
O PP coruñés alerta da "exaltación nacionalista" da selección galega a dez días de que xogue na cidade
O grupo popular no Concello recomenda "non mesturar política e deporte" e recupera os argumentos en contra dos encontros da Irmandiña expresados por Feijóo. A moción a favor da oficialidade das federacións deportivas galegas saíu adiante cos votos de BNG e Marea Atlántica.
O novo 'número dous' de Feijóo axita o medo á "imposición" do galego no seu primeiro día no cargo
Miguel Tellado mantén que "non existe inferioridade xurídica do galego" a respecto do castelán e acusa o PSOE de ter intencións "poco sanas" na aprobación da lei da memoria histórica.
A mocidade galega, de grupo electoral máis numeroso ao menos relevante en dez anos
Case un terzo das persoas con dereito a voto en Galicia nas xerais do 26-X teñen máis de 65 anos. Dez mil galegas e galegos poderán participar por primeira vez nuns comicios por acadaren a maioría de idade dende as xerais de decembro.
Envío de papeletas ás casas: garantía democrática ou porta aberta á carretaxe?
Nas xerais do 26-X o electorado volverá recibir o envío masivo dos partidos, que nas últimas eleccións galegas custou millón e medio de euros. En Galicia PSdeG e BNG propuxeron suprimilo, pero polo momento só o Bloque renunciou a el.
Beiras insta a EU e Podemos a non "traizoar" o acordo fundacional de En Marea
O líder de Anova reclámalle a Yolanda Díaz que "explique" por que "quere sacarme do medio" e censura que "persoas" integradas na coalición estan a "xogar a intereses persoais" propios "da vella casta".
Feijóo eríxese en feito diferencial galego tras ser reelixido no PPdeG co 98% dos votos
Os populares lanzan a precampaña galega coa aprobación da súa nova estrutura, na que Feijóo volverá evitar un corpo a corpo co resto de forzas que agora lle corresponde a Tellado. De Cospedal sitúa o presidente galego como "referente" e di querer "coidar" de quen vive "en Madrid e en provincias"
Membros de mareas municipais inician contactos para procurar "un único proceso de confluencia"
Integrantes de varias plataformas locais contactan con partidos e colectivos participantes nas Mareas en Común e mais En Marea á procura de fórmulas de unidade.
Feijóo sorprende o PPdeG ao designar a Tellado como substituto de Rueda
O líder do PPdeG desbota as opcións de Rey Varela e Hernández e elixe o duro deputado ferrolán, ata agora voceiro do partido, como o seu número dous a seis meses das eleccións.
O PSdeG descobre as súas cartas cara ás primarias
Méndez Romeu amosa a fortaleza dos seus apoios -Vigo, o 'pachismo' ou Orozco- ante as peticións de "frescura" por parte de Lara Méndez ou González Formoso, que aínda non aclarou se se presentará ou non. A xestora nega que apoie a Leiceaga e reclama a súa "neutralidade".
Rajoy defende o traballo das deputacións ante Baltar e eloxia que traia a Vuelta a España
O presidente do Goberno en funcións estivo en Ourense, pero non para asistir ao Congreso do PP galego, que se inaugura este sábado pola tarde, senón para participar nun acto de Nuevas Generaciones.
Construír Marea, facer medrar o mar para unha transformación radical
Xaquín Pastoriza