Política
Riobóo mantén o pulso á dirección estatal e di que seguirá a liderar Podemos en Galicia
O aínda secretario xeral da formación entende que non ten por que presentarse ás primarias ao ser "xa escollido" polos afiliados no país e advirte do "poder de decisión" do partido morado na comunidade. Desde Madrid advírtenlle que está destituído.
Feijóo elude aclarar quen decidiu rebaixarlle impostos a ENCE
O BNG ve demostrado que a pasteira redactou o convenio que lle permite pagar menos taxas portuarias e que a Xunta se limitou a "asinalo". Feijoo eríxese en garante de novos investimentos da pasteira en Galicia.
Ferreiro chama desde Berlín a estender as 'cidades rebeldes' por Europa
O alcalde da Coruña avoga por ampliar a cooperación xa existente entre varios gobernos locais no Estado durante a súa participación no lanzamento do Movemento pola Democracia en Europa (DiEM 25), impulsado polo ex ministro grego de Economía, Ianis Varoufakis.
Dez dimisións abocan a Podemos Galicia a escoller nova dirección
Os deputados de En Marea Antón Gómez-Reino e Ángela Rodríguez, o senador Buitrón e sete persoas máis abandonan a directiva que dirixe Breogán Riobóo e a dirección estatal confirma a apertura dun "proceso electoral interno".
A Xunta nega que un apartamento sexa unha vivenda para xustificar unha operación urbanística
O Goberno galego teima en liquidar un proxecto de vivenda protexida no centro de Santiago malia á oposición do Concello. O orzamento para construír pisos protexidos reduciuse máis dun 90% dende 2009.
A demora de Feijóo para decidir o seu futuro dispara o debate sucesorio no PPdeG
Diversos dirixentes instan o presidente da Xunta a ficar onde está mentres admiten que hai "recambio" se decide marchar. O partido chegará ao seu congreso galego con renovacións en todas as provincias agás en Ourense.
Vostede faga coma min e non se meta en política
José Luis Sucasas
O goberno posíbel
Xoán Antón Pérez-Lema
A cifra de doentes a agardar no Sergas sobe a niveis de hai dez anos malia os traspasos á privada
O dato de persoas a agardar por unha operación cirúrxica no peche de 2015 foi o peor nun mes de decembro na última década.
Voces galegas na posta en marcha do movemento europeo que impulsa Varoufakis
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participa este martes en Berlín na estrea de DiEM25, plataforma promovida polo ex ministro grego que pretende unir forzas críticas e a cidadanía na UE para plantar cara á austeridade e lograr "maior transparencia, democracia e xustiza social".
O PSOE vira cara a Ciudadanos o eixo das súas negociacións
Os socialistas enviarán un documento base aos demais grupos este luns para empezar a traballar sobre puntos de encontro. Os equipos negociadores de ambas formacións xa mantiveron unha reunión mentres o PSOE mantén xuntanzas con outros partidos ás que espera que se una Podemos