- Crónica Volve a selección
- Deportes Vigo
"O de menos é o resultado": emoción a pé de campo para ver xogar a Irmandiña en Balaídos
“O de hoxe vai máis alá do deportivo, é un sentimento de representación do pobo galego e de como se vive aquí en Galicia o fútbol”, conta un dos seguidores camiño do estadio vigués de Balaídos. O certo é que o partido resultou algo accidentado. Iago Aspas finalmente non puido xogar por molestias nunha perna e un dos xogadores da selección panameña tivo que saír do campo por lesión nun xeonllo. Os goles liquidáronse na primeira parte, foron dous e de Panamá, pero como di Adrián, “o de menos é o resultado”.