Podemos presenta dúas candidaturas, oficialista e crítica, ás primarias de En Marea
A secretaria galega, Carmen Santos, cabeza de lista por Pontevedra, pídelle ao candidato da confluencia, o xuíz Luís Villares, que faga “que o queiramos moito”.
A secretaria galega, Carmen Santos, cabeza de lista por Pontevedra, pídelle ao candidato da confluencia, o xuíz Luís Villares, que faga “que o queiramos moito”.
A intervención a última hora de Pablo Iglesias, que anunciou nun chío un acordo "sexa cal sexa a fórmula", foi clave para confirmar a alianza. A formacióm morada renuncia ás súas siglas, intégrase no partido instrumental, celebrará primarias conxuntas e acepta a Villares como candidato.
“Estabilidade” é unha das palabras máis empregadas polo presidente da Xunta para eloxiar o seu executivo fronte as alternativas que ofrecen outros partidos, pero pouco se parece ao que nomeou hai sete anos ou mesmo ao que configurou na súa segunda investidura a finais de 2012.
A negociación remata sen alianza pola "diferenza insalvable" da fórmula xurídica. O espazo de confluencia mantén a súa firme aposta polo partido instrumental como única opción e abre a porta a que o partido morado, que asume "concesións", acabe integrándose.
A candidata do BNG á presidencia da Xunta asegura que "é necesario superar o Estatuto e aplicar políticas na defensa do noso idioma e cultura" durante a presentación da candidatura pola Coruña.
Presenta o seu aspirante á Xunta e advirte, en clara alusión a Podemos, de que a decisión "non ten volta atrás". 18 listas preséntanse ás primarias do espazo galego, incluídos membros da formación morada contrarios á estratexia da dirección galega de non diluírse no partido instrumental.
O secretario de Organización de Podemos chega a Galicia na busca dun pacto de última hora tras pecharse os prazos de inscrición nas primarias de ambas formacións. A confluencia só dará tempo "extraordinario" a Podemos para participar no proceso se acepta diluírse na Marea. De non facelo, irán por separado.
A xornalista foi a única aspirante da formación laranxa en conseguir os avais mínimos requiridos para as primarias.
100.000 traballadores autonómicos, o 4% do censo electoral, foron recuperando xusto antes das municipais de 2015, xerais de decembro e xuño, e agora das autonómicas de setembro o que os gobernos central e galego lles quitaran en 2012 e 2013.
Aumenta en 24 horas o tempo para presentarse ao proceso para que a formación morada se incorpore "en pé de igualdade e aceptando os acordos políticos da Marea Constituínte". Buitrón insiste en apoiar a unidade con En Marea e Bescansa di apoiar "sen dúbida" a dirección galega.
O CERA que rexerá nos comicios do 25-S rolda xa as 450.000 inscricións que dan conta da influencia que chegaría a ter se, finalmente, é revertida a reforma do voto rogado.