25S: Precampaña galega
Feijóo defende o borrado dos discos de Bárcenas polo que o PP foi procesado: "Hai un protocolo"
O presidente da Xunta e candidato á reelección reitera as chiscadelas ao PSdeG para que facilite o seu Goberno se non logra maioría absoluta.
En Marea insta a Podemos a integrárense en "igualdade" e non procurar un pacto "por riba"
A plataforma advirte de que non contempla outra vía para a unión co partido morado que non sexa a integración no partido instrumental aprobado en asemblea. Santos esgrime que o votado polas bases é unha coalición.
A Xunta concentrou na Coruña e Pontevedra as inauguracións previas á prohibición polas eleccións
Naval en Ferrol, servizos socio-sanitarios na Coruña, Santiago e Pontevedra, área metropolitana en Vigo ou infraestruturas na Costa da Morte foron obxecto de actos propagandísticos nas dúas semanas previas a que quedasen vetados. Son as provincias con máis escanos e onde máis periga o dominio do PP fronte ás forzas de esquerda.
Feijóo sobe o Pico Sacro para pedir unha “maioría excepcional”
Como Castelao en 1925, o PP peregrina ata o simbólico monte e o presidente di alí que non se presenta ás eleccións por política senón por sentimento.
A militancia de Podemos Galicia di "si" á "alianza electoral" con En Marea
A confluencia gaña co 75% dos votos a consulta interna de Podemos Galicia, cuxa dirección defende unha coalición fronte ao partido instrumental aprobado pola asemblea das mareas.
Os partidos recibirán 1.350 euros máis por escano tras o 25-S que en 2009, un 6,5% máis
Logo de baixar as subvencións electorais un 20% nas autonómicas de 2012, hai un ano o PP subiunas en solitario un 33% co argumento de aumentar o financiamento público dos partidos en detrimento das doazóns privadas, que non puido limitar por ser competencia estatal.
Estados Unidos eloxiou en 2009 que Feijóo tentase afastarse de "Fraga/Franco"
Un cable da embaixada norteamericana en Madrid non publicado ata o de agora en Galicia permite reconstruír a chegada á Xunta do agora presidente, a corrupción do PP, o “malgasto” de Touriño, e as dúbidas que dicía haber sobre a capacidade de resistencia electoral e as relacións empresariais do BNG.
Leiceaga dise listo para liderar o goberno e o PP acúsao de querer que medre o paro
O candidato socialista cre que Feijóo puxo as eleccións o 25 de setembro para adiantarse ao xuízo da Gürtel e o empeoramento económico do outono. “A oposición recibiu dúas malas noticias estes días: a data da convocatoria electoral e os datos do paro”, di Tellado.
En Marea ultima as primarias e prevé lanzar a candidatura á Xunta a vindeira semana
A coordinadora de En Marea elixe responsables de programa e campaña mentres agarda pola finalización da consulta de Podemos Galicia, cuxa militancia decide ata a noite deste martes se opta por confluír ou concorrer en solitario.
Os prazos das eleccións: Xa podes solicitar o voto por correo
A promulgación do decreto de disolución do Parlamento e convocatoria dos comicios do 25-S fai que comecen a correr os prazos para o electorado e tamén para as forzas políticas, que terán que rexistrar as súas candidaturas entre os días 17 e 22 deste mes.
25-S: Feijóo contra Feijóo
O 25 de setembro, cadrando coas eleccións vascas a e a apenas unha semana do inicio do xuízo da Gürtel, o actual presidente enfrontarase a toda a oposición pero, sobre todo, ao candidato que gañou á primeira en 2009. Recuncar no poder abriríalle as portas de Madrid que lle pechou a publicación das fotos con Marcial Dorado.