
Galicia votará o 25 de setembro
Feijóo comunícalle ao Consello da Xunta que as eleccións galegas se celebrarán o mesmo día que as vascas. "Se un ten o obxectivo de achegar estabilidade ao seu país, o consecuente é coincidir con Euskadi", argumenta.
Feijóo comunícalle ao Consello da Xunta que as eleccións galegas se celebrarán o mesmo día que as vascas. "Se un ten o obxectivo de achegar estabilidade ao seu país, o consecuente é coincidir con Euskadi", argumenta.
O presidente da Xunta revela esta tarde se as eleccións cadran ou non coas vascas o 25 de setembro, caso no que o Consello terá que ditar o decreto de disolución do Parlamento.
Como as bonecas rusas, a decisión que sobre as candidaturas á Xunta adopta cada nivel do partido socialista encerra toda unha historia de apoios, enfrontamentos, negociacións e correccións técnicas. Pechado o proceso local e provincial, os órganos autonómico e estatal terán agora a última palabra.
O presidente asegura, nunha entrevista publicada en Europa Press, que marchará se non acada a presidencia ou a ostentará os catro anos se a revalida. Sobre Angrois, pregúntase que ten que ver el co accidente e considera inxusto que as vítimas o critiquen.
A asemblea constituínte de Vigo crea a nova formación, cuxo candidato será elixido de xeito directo polas bases e na que o resto das listas poderán ser consensuadas. Os seus líderes apelan á unidade á espera de coñecer o resultado da consulta que Podemos Galicia realizará entre os seus simpatizantes para decidir se se suman dalgún xeito a unha candidatura conxunta.
A secretaria xeral galega, Carmen Santos, acude finalmente este sábado ao encontro constituínte de Vigo á espera de que as bases decidan nunha votación a realizar ata o martes se concorren ás autonómicas de outono en solitario ou “en alianza electoral” con outras forzas, mentres que os alcaldes do cambio reclaman a súa integración nunha única marca electoral.
Leiceaga pide que Feijóo convoque canto antes as eleccións galegas, Pontón lamenta que sexa Urkullu quen fixe a data e Noriega asegura que as mareas chegarán a tempo coa súa candidatura aínda en construción.
A axenda electoral vasca volve marcar a galega. Feijóo evita aclarar cando ditará a convocatoria pero advirte de que lle "gustaría coincidir" coa data decidida polo líder vasco, como acordara con el o pasado abril.
Carmen Santos asegura que "a xenerosidade" non pasa pola creación do partido instrumental que defenden as Mareas en Común. O partido celebra o seu encontro este venres, a vinte e catro horas da asemblea das mareas.
Como se fose un mérito do executivo e non do lexislativo, o presidente da Xunta asinou este mércores en Vigo a Lei de Área Metropolitana da cidade e a súa contorna. Para o alcalde, a norma é froito do “susto” que a súa maioría absoluta lle deu ao Goberno galego.