As mareas cidadás dan inicio ás primarias
A Marea Atlántica arrinca o "proceso de participación democrática máis ambicioso da historia da Coruña" e Ourense en Común pecha hoxe o prazo para presentar candidaturas. A Marea de Pontevedra xa elixiu candidato e a mediados de marzo prevese que todas as plataformas conten xa con lista.