
A precampaña municipal
"Se non é tempo de que o medo mude de bando, cando menos si de quitárnolo de enriba"
ENTREVISTA Daniel Rodríguez Cao, politólogo e sociólogo, combina o activismo social e o impulso da Marea Atlántica co traballo cultural. Dende estas ópticas analiza o proceso municipalista en curso na Coruña, en Galicia e noutros puntos do Estado.
O PSdeG garante o impulso a gobernos "de esquerda" tras as municipais
A secretaria de organización dos socialistas galegos asegura que "onde sexa necesario garantir un proxecto de esquerda" será "onde estea" o seu partido que, di, xa "tomou nota" das "labazadas bastante importantes que nos deu a cidadanía".
Procesións e festas poboan a axenda da Xunta tras a apoteose de inauguracións
A prohibición dos actos inaugurais pola convocatoria das eleccións e o inicio da Semana Santa fixo que presidente e conselleiros desaparecesen da axenda oficial
Feijóo protagoniza unha trintena de inauguracións en mes e medio
Galicia vive unha carreira de actos de autobombo na xornada previa á prohibición deste tipo de eventos por mor da convocatoria das eleccións municipais. Galería de imaxes no interior.
Ourense en Común anula as primarias tras un proceso "ilexítimo"
A plataforma cidadá decide este venres se repite a consulta ou pacta unha lista de consenso logo de que varios grupos acusasen a CxG dunha "carretaxe" de votos facilitada por un regulamento que non esixía o empadronamento na cidade nin ter asinado o manifesto.
Compostela Aberta: "Non nos imos confundir de inimigo"
A plataforma compostelá lánzase á precampaña tras a proclamación oficial das persoas elixidas para ocupar os primeiros quince postos da súa lista. Noriega atribúe a implicación de Feijóo na campaña ao "nerviosismo dos poderes fácticos" ante un posible cambio de goberno.
#dependedenós: Vinte e unha preguntas para as municipais
A iniciativa #dependedenós, baseada en preguntas ligadas a novas da prensa, procura "incitar á reflexión" sobre políticas concretas antes das eleccións do 24 de maio
A lista liderada por Martiño Noriega encabezará a candidatura de Compostela Aberta
A candidatura 'Gañar Compostela' logra os seis primeiros postos da lista na plataforma municipal compostelá. O ecosocialista Manuel Dios é elixido en sétimo lugar.
Feijóo aposta polo "cambio" e por "non seguir co mesmo"... en Andalucía
O presidente da Xunta volve facer campaña polo candidato popular e insiste en que a comunidade andaluza "precisa un cambio" tras máis de 34 anos de gobernos socialistas tras destacar as capacidades da agroindustria daquela autonomía e presumir dos datos económicos en Galicia.
"O elixido fun eu pero puido ser calquera; só son o portavoz dun proxecto plural"
ENTREVISTA Xosé Mosquera é o candidato á alcaldía pola plataforma Ourense en Común, logo de vencer nunhas primarias con máis de 1.500 participantes. Membro de CxG, aposta por "mudar o xeito de facer política" e aclara que só milita "en dous sitios: en Ourense e na idea de país".
Feijóo identifica a Hernández coa "nova política" fronte a quen "caeron derrotados na Transición"
O presidente da Xunta afirma que non hai "ninguén mellor" para gobernar a capital galega que o seu candidato, a quen contrapón á "vella política do alarido", do "berro" e do "odio" baseada en "receitas que caeron co Muro de Berlín".