A precampaña municipal
O PP xa evita renegar dos pactos nos concellos pero censura os da esquerda
Os populares modulan o seu discurso sobre os gobernos de coalición ante a previsible perda de maiorías absolutas e a posible chegada de Ciudadanos.
Cando Feijóo prometeu buscar "un emprego aos estudantes" dende os concellos
Na precampaña municipal de 2007 o actual presidente da Xunta asegurou que os concellos gobernados polo PP crearían un "servizo especializado" para procurar traballo ao estudantado. Despois das eleccións reclamoulle ao BNG que o axudase a "completar maiorías".
Corruptio nostra cotidiana da nobis hódie...
José Luis SucasasCompostela devastada
Encarna OteroCandidatos galegos de UPyD foxen para unirse a Ciudadanos nas municipais
A crise na formación de Rosa Díez chega a Galicia, onde seis formacións locais da Coruña e Ferrolterra abandonan o partido para intentar integrarse en C's. A posible integración pode ameazar a maioría absoluta do PP nalgúns concellos, pero afortalaría a dereita no caso de pactos postelectorais.
Jorge Suárez, ratificado como candidato de Ferrol en Común
A candidatura, impulsada por Esquerda Unida, Anova e o grupo de inscritos e inscritas en Podemos na cidade, celebrou este xoves as súas primarias, cunha lista única e a participación de 213 persoas.
Os partidos instrumentais que van unindo as iniciativas cidadás de cara ao 24M
Unhas vinte plataformas acudirán aos comicios locais baixo o paraugas de Somos Maioría, mentres que o partido independente de Oleiros e asembleas cidadás de varios concellos da comarca coruñesa deciden integrarse nunha coalición á que rexeitou unirse a Marea Atlántica.
Noriega: "A xente xa percibe Compostela Aberta como unha alternativa real de goberno"
O candidato de CA á alcaldía compostelá expón as súas liñas programáticas e advirte de que "non lle toca ao Concello pedirlle ao Apóstolo que diminúa a corrupción ou o paro". O PSdeG reivindica os seus anos de goberno na cidade para presentarse como principal alternativa ao PP.
As 25 medidas "innegociables" da Marea para os 100 primeiros días de goberno na Coruña
A plataforma cidadá presenta as 25 medidas "de urxencia" que aplicará no caso de chegar ao executivo local, desde o que rexeitará colaborar cos desafiuzamentos e cancelará as contas que teña cos bancos que os leven a cabo.
Compostela entra en campaña
Santiago foi unha das cidades nas que tardou máis en arrincar e visibilizarse a carreira cara ás eleccións que se celebrarán en menos de 50 días. No entanto, a precampaña semella definitivamente lanzada tras o retorno da pausa da Semana Santa.
O electorado máis mozo diminuíu un 40% en Galicia na última década
Pouco máis de 82.000 persoas votarán por primeira vez nas municipais de maio por faceren 18 anos dende as anteriores. Nas sete cidades esta poboación máis moza apenas pesa un 4% no conxunto do electorado.