Cara á folga xeral
CC.OO. e UGT quentan a folga xeral: Milleiros de persoas enchen as rúas galegas
Os sindicatos cifran en 150 mil os asistentes ás marchas convocadas en A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Burela, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo contra a reforma laboral. Galería no interior.
O rexeitamento á reforma laboral protagoniza o Día da Clase Obreira Galega
Milleiros de persoas lembraron este sábado a Amador Niebla e Daniel Rey, traballadores do naval asasinados pola policía franquista, nos actos convocados pola CIG e CC.OO. Galería de imaxes no interior
"Unha folga xeral non vai resolver todo, pero incorpora sectores novos, ensínalles que hai que estar unidos"
Rafael Pillado, un dos fundadores das CC.OO en Galicia e ex militante do PCG (do que chegou a ser secretario xeral) e do PSOE, presenta as súas memorias este venres en Ferrol. Unhas memorias colectivas, O Latexo da vida e da conciencia, prologadas por Manuel Rivas, que queren amosar a experiencia de loita no pasado para preparar as loitas do presente e do futuro. Vídeo no interior.
CCOO deseña unha folla de ruta que finaliza nun chamado inminente á folga xeral
Un documento interno ao que tivo acceso Praza relaciona todas as "accións sindicais" emprendidas xa pola central que dirixe Ignacio Fernández Toxo, que inclúen a conversa con "sindicatos nacionalistas" e un chamado á folga xeral se non hai modificación da reforma laboral
CCOO e UGT barallan o 29 de marzo, como a CIG, para convocar unha folga xeral
A nova non está confirmada malia que desde as centrais se apunte a que a decisión é "inminente". Ambas as dúas centrais teñen hoxe mobilizacións por todo o Estado contra as políticas de recorte que se aproban na Unión Europea. CCOO e UGT mandan un comunicado no que enfrían a posibilidade dun chamado á folga, mais non a descartan
A patronal tamén quere os cartos dos parados
Enrique NegueruelaAguión: "Vai haber folga xeral, pero cando teñamos os suficientes apoios"
As centrais de CCOO e UGT en Vigo recollen a "demanda" da cidadanía e plantexan en firme a posibilidade de convocar unha folga a finais de marzo na mesma data que a Central Intersindical Galega (CIG)
Milleiros de persoas rexeitan nas rúas galegas os recortes nos servizos públicos
As manifestacións unitarias, convocadas por CIG, UGT, CC.OO. e CSI-CSIF, co apoio de CGT, USO, Satse e SAE, reuniron máis de 6.000 persoas en Vigo e Coruña, 5.000 en Ferrol, e cifras menores, aínda que importantes, en Lugo, Ourense, Santiago, Pontevedra e O Barco. Galería de imaxes e audios no interior.
Dúas folgas xerais polo "maior atentado contra os traballadores" desde os anos 70
A CIG en Galicia e CGTP en Portugal chaman á cidadanía á folga xeral para o 29 e 22 de marzo, respectivamente. Ambos os dous sindicatos acusan ás administracións de ter presentado as reformas laborais máis agresivas desde a Transición e a Revolución de Abril. A CUT acaba de anunciar que apoiará a convocatoria da CIG.
Rubén Pérez (EU): "A comarca de Vigo está nunha situación de emerxencia"
Nas eleccións municipais do pasado ano, Rubén Pérez rozou os sete mil votos e quedou moi cerca de acadar o 5% necesario para obter a súa acta de concelleiro en Vigo. Continúa un labor de reconstrución de Esquerda Unida nunha cidade sumida nunha profunda crise.
Suso Seixo: "Teño serias dúbidas de que CCOO e UGT apoien a folga xeral"
A CIG volve ir por diante e convoca, polo de agora en solitario, unha folga xeral en Galicia para a última semana do mes de marzo. O seu secretario xeral, Suso Seixo, cre que "non hai que esperar máis". A central nacionalista chamará ao resto das centrais sindicais a que se sumen á convocatoria