Cara ás eleccións xerais
Así se conformarán as listas de 'En Marea'
Anova, EU, Podemos e as plataformas municipalistas acordan unhas primarias con listas pechadas con membros de varias formacións que terán que ser avaladas pola militancia. A formación morada renuncia ao nome pero a papeleta levará o seu símbolo.
'En Marea' ultima o sistema para confeccionar as súas listas
A candidatura unitaria de Podemos, Anova, EU acorda procurar un modelo de primarias para que as candidaturas propostas sexan referendadas pola militancia das diferentes forzas
Electorado galego polo mundo: así se distribúen os "residentes ausentes"
Máis de 400.000 persoas residentes en 140 países están inscritas no CERA galego para as eleccións xerais. Os controis instaurados en 2011 reduciron as recorrentes fraudes, pero dificultaron tamén a participación de persoas emigradas recentemente. Este censo aumentou un 80% dende finais dos 90.
Galicia rexistra menos emprego e menos paro que cando Rajoy comezou a gobernar
As inscricións nas oficinas de emprego en outubro aumentaron case un 3% e descenderon un 9% a respecto do pasado ano. Actualmente cotizan en Galicia unhas 951.000 persoas, mentres que en 2011 estaban afiliadas á Seguridade Social unhas 974.000.
A emigración fai que o censo de electores caia en Galicia mentres sobe no exterior
O número de residentes no estranxeiro medra en case 60.000 persoas (+13,4%) fronte á perda de máis de 40.000 electores que viven na comunidade autónoma con respecto ás eleccións xerais de hai catro anos
Iniciativa pola Unión xa ten os aspirantes a liderar a súa candidatura
Tereixa Novo, Olalla Rodil e Noa Presas únense a Carlos Callón e Carme Adán e postúlanse para ser cabezas de lista por A Coruña, Lugo e Ourense nas primarias que se celebrarán o vindeiro domingo para determinar as listas de Nós-Candidatura Galega ao Congreso e ao Senado
Marea e Nós: dúas posibles candidaturas galegas ás xerais
- Podemos, Anova, EU e as plataformas municipalistas concretan unha lista unitaria na que a alusión ás mareas será o "elemento central". O BNG e outras forzas nacionalistas rematan a confluencia en torno a IxU.
- Carlos Callón, candidato ás primarias de IxU
Xa podes pedir votar por correo nas eleccións xerais: ollo aos prazos!
A convocatoria das eleccións xerais implica o inicio dos trámites ligados aos comicios do 20 de decembro. Estes son os prazos para votar por correo.
Así traballou a representación galega nas Cortes
Os membros do Congreso e do Senado elixidos polas circunscricións galegas tramitaron máis de 37.000 iniciativas, se ben o reparto non é, nin de lonxe, equitativo. Repasamos o seu traballo na lexislatura que vén de rematar.
Xoán Bascuas: "O fracaso da candidatura unitaria será responsabilidade de todos"
ENTREVISTA O secretario xeral de Compromiso por Galicia analiza a cada vez máis difícil confluencia logo de que a militancia do seu partido acordase non concorrer ás eleccións xerais de non haber unha lista única da esquerda rupturista e o nacionalismo
As forzas de esquerda defínense e afástanse máis dunha candidatura unitaria
O BNG traballa "decididamente" nas primarias de Iniciativa pola Unión e Yolanda Díaz (EU) entende que o Bloque "desbota" así chegar a unha "posición común". CxG decide que non concorrerá aos comicios se non hai unha lista única.