María Vázquez, Rita Azevedo e Emma Suárez recollerán os premios Cineuropa
O festival, que comeza o 7 de novembro, presentou este xoves a súa programación, composta por 200 películas das que 19 son estreas a nivel estatal. O cinema galego terá tamén un espazo destacado, con 17 títulos e a programación paralela lembrará cineastas como Agnès Varda, Chantal Akerman, Jessica Hausne, ou Jonas Mekas