Os 'pellets' chegan á Coruña e á Mariña mentres o Goberno central sinala que comunicou á Xunta a súa presenza o 20 de decembro
Este sábado a Delegación do Goberno en Galicia informou que xa o 20 de decembro comunicou a Xunta a vertedura. O Executivo respondía así ás declaracións realizadas polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que acusara o Goberno central de ter coñecemento dos feitos "hai 14 días", sen avisar o Goberno galego ata esta mesma semana.