Máis de cen colectivos chaman á "defensa do mar" nunha marcha que a Xunta ve prexudicial e "electoralista"
Os convocantes aclaran que a manifestación é só "en defensa dos sectores produtivos do mar galego" e que a xestión dos pellets foi "a gota que rebordou o vaso" nunha crise no sector que "vén de moito tempo atrás". O Goberno galego advirte dos danos á "imaxe" de Galicia e do interese "claramente político" da mobilización.