ADEGA reclama a eurodeputados endurecer as normas contra a contaminación por plásticos

Representantes de ADEGA, en Cangas co eurodeputado da Comisión de Medio Ambiente, Malte Galle, e Ana Miranda, eurodeputada do BNG © ADEGA
Publicidade
Publicidade

Unha representación de ADEGA, encabezada polo seu presidente Roi Cuba mantivo un encontro este sábado con Malte Galle, eurodiputado da Comision de Medio Ambiente e a Ana Miranda, eurodeputada do BNG

Unha representación de ADEGA, encabezada polo seu presidente Roi Cuba mantivo un encontro este sábado con Malte Galle, eurodiputado da Comision de Medio Ambiente e Ana Miranda, eurodeputada do BNG, aos que demandou un endurecemento das normas contra a contaminación por plásticos co obxectivo de atallar novas crises ambientais provocadas por estes contaminantes. 

No encontro, que tivo lugar na praia de Nerga (Cangas), participou tamén a alcaldesa deste concello, a nacionalista Araceli Gestido. Os membros do Parlamento Europeo puideron comprobar o desenvolvemento dos traballos de limpeza neste areal por parte do voluntariado coordenado por ADEGA.

As demandas de ADEGA refírense á adopción de medidas a todos os niveis, dende o estritamente galego e estatal, ata o ámbito europeo e tamén o mundial, buscando reducir a incidencia dos accidentes marítimos sobre os ecosistemas costeiros e os recursos mariños.

Recollida de 'pellets' na praia de Nerga, en Cangas © ADEGA

As demandas de ADEGA refírense á adopción de medidas a todos os niveis, dende o estritamente galego e estatal, ata o ámbito europeo e tamén o mundial, buscando reducir a incidencia dos accidentes marítimos sobre os ecosistemas costeiros e os recursos mariños

A nivel galego, reclaman a mellora do plan CAMGAL contra a contaminación mariña accidental, aprobado pola Xunta. A entidade ecoloxista demanda, sobre todo, a súa activación rápida "para poñer en marcha as medidas precisas e evitar que a contaminación chegue á costa, xa que despois é moito máis difícil actuar contra ela". ADEGA tamén critica que non designe portos refuxio ou que a súa activación dependa dunha decisión política e non a circunstancias obxectivas. Así mesmo, pídese que a información pública sobre accidentes/incidentes marítimos e a previsión/evolución dos posíbeis vertidos e zonas afectadas estea dispoñible permanentemente para o público en tempo real.

Publicidade
Publicidade

ADEGA reclama a mellora do plan CAMGAL contra a contaminación mariña accidental, sobre todo no que atinxe á súa activación rápida

No ámbito estatal, indica ADEGA, a resposta contra unha vertedura e a coordenación dos medios "sería máis efectiva se dependera da administración autónoma e non do Ministerio" e lembra que as competencias en vixilancia e salvamento marítimo non están transferidas a Galicia, "o que introduce un chanzo administrativo máis na cadea de decisións que debería ser o máis curta posíbel, alén de supoñer unha fonte de posíbel liorta política, como foi o caso".

Representantes de ADEGA, en Cangas co eurodeputado da Comisión de Medio Ambiente, Malte Galle, e Ana Miranda, eurodeputada do BNG © ADEGA

A nivel estatal, demanda a transferencia a Galicia das competencias en vixilancia e salvamento marítimo

No plano europeo, cómpre que actuar en dúas direccións, sinala a entidade: a nivel ambiental, desenvolvendo un regulamento que considere a estes materiais (pellets e granzas plásticas) como substancias contaminantes no transporte mariño, pois neste momento non o son, de cara a tomar medidas na súa manipulación, tratamento e envasado. Ademais, polo que atinxe ao transporte, pide establecer "medidas máis estritas de control no seu trafego para evitar no posíbel perdas accidentais".

Publicidade
Publicidade

No plano internacional, esixe que estes materiais (pellets e granzas plásticas) sexan consideradas substancias contaminantes no transporte mariño, para que as condicións de empaquetado e manipulación fosen máis estritas

Finalmente, a nivel internacional ADEGA subliña que sería importante que a OMI (Organización Marítima Imternacional, dependente da ONU) modificara o convenio MARPOL para asignar aos precursores plásticos en forma de pellet, escama ou pó a categoría de mercadorías perigosas, para que tanto no empaquetado (máis resistente á rotura) como no etiquetado, carga, estiba e manipulación as condicións foran máis estritas. A entidade denuncia que este asunto comezou a discutirse nun comité de traballo en 2021 "e aínda non se resolveu debido ás reticencias da industria química e as compañías de transporte marítimo".

Recollida de 'pellets' na praia de Nerga, en Cangas © ADEGA
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.