O Estado sementa dúbidas sobre a viabilidade económica da mina de Touro
O Instituto Geológico y Minero de España (IGME), dependente do Ministerio de Economía, analiza a memoria do proxecto, alerta do "optimismo" nos cálculos económicos, considera "pouco realista" a previsión dos custos da enerxía e pídelle "unha análise máis achegada á realidade".