
A Xunta demora datos sobre a mina de Touro tras ser condenada a mostrar os de Corcoesto
A Federación Ecoloxista Galega (FEG) denuncia que a Consellería de Economía se nega a achegar información sobre os dereitos mineiros, como fixo no caso de Corcoesto e polo que a condenou a Xustiza. O proxecto segue apañando rexeitamento e informes desfavorables.