"A percepción é que o risco mineiro diminúe, pero é aínda maior"
Contraminacción organiza este sábado a terceira edición dos 'Encontros sobre Impactos da Minaría', na que expertos e activistas de diferentes países debaten e comparten reflexións sobre os proxectos empresariais que ameazan terras, auga ou mesmo o patrimonio.