Varios concellos alegan contra o novo proxecto megamineiro na Costa da Morte
Zas e Vimianzo presentan alegacións contra o permiso de exploración admitido pola Xunta en varios municipios.
Zas e Vimianzo presentan alegacións contra o permiso de exploración admitido pola Xunta en varios municipios.
Alternativa expresa os seus temores sobre a iniciativa tras a admisión da solicitude de exploración en máis de 4.300 hectáreas e o BNG pide a paralización do proxecto. Ambas formacións alertan de que o administrador da empresa xa foi condenado por un grave delito medioambiental.
A documentación que a nova iniciativa mineira presentou á Xunta prevé tres anos de traballos de catas e sondaxes no terreo e inclúe este permiso nun plan máis amplo, Proxecto Zas-Santa Comba, que reactivaría a megaminaría de ouro en Galicia.
Asociacións ambientalistas reaccionan ante o novo permiso da Xunta para explorar máis de 4.300 hectáreas na Costa da Morte e piden aos concellos e veciños afectados que se informen e aleguen. Alertan do impulso a estas iniciativas en lugar de "priorizar a agricultura sustentable"
A Xunta autoriza a exploración de máis de 4.300 hectáreas en Zas, Vimianzo, Santa Comba e Coristanco por parte dunha empresa cuxo administrador foi xulgado por graves delitos medioambientais en Madrid. Varios colectivos presentarán alegacións ao expediente.
O Goberno central presenta recurso de inconstitucionalidade á modificación lexislativa galega que permitiu pechar definitivamente o proxecto de megaminería e dá opcións ás demandas de Edgewater, baseadas na suposta ruptura dun tratado entre España e Panamá
A multinacional emprende accións legais pola cancelación "unilateral" por parte da Xunta dos seus dereitos mineiros en Cabana. Considera que a decisión "violou claramente o dereito español e internacional" e levará o Goberno central a un arbitraxe para reclamarlle un mínimo de 21 millóns
ENTREVISTA Nela Abella, da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e da rede Contraminacción, fai balance da loita social e da veciñanza contra o proxecto da mina de Corcoesto, cancelado de vez tras a perda dos dereitos mineiros que Edgewater tiña en Bergantiños
O Goberno confírmalle a AGE a caducidade das concesións mineiras de Edgewater. A decisión afecta ao "núcleo fulcral" da iniciativa e "inviabiliza na práctica" a mina segundo a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, que gaba "a vitoria na loita contra a megaminería destrutiva"
Visto para sentenza o xuízo ao activista da asociación O Iribio, a quen a cementeira reclama 45.000 euros por "danos e prexuízos no seu honor" tras criticar os polémicos traballos que organizacións e partidos políticos denuncian por danar o patrimonio cultural, paisaxístico e arqueolóxico.
A próxima cancelación dos dereitos mineiros da multinacional canadense pecha a porta ao proxecto inicial en Bergantiños pero abre a porta á construtora, aliada cunha importante financeira no negocio mineiro, que podería intentar retomar a polémica mina.
ENTREVISTA Cora Peña é directora do documental 'Tesouro de Corcoesto', traballo que debulla o conflito arredor da gran mina a ceo aberto que Edgewater pretendía en Galicia e que se presenta a vindeira fin de semana en Carballo logo de dous anos de intenso traballo.