A presión social acurrala a Cosmos, que ameaza con marchar se lle vetan a mina
A cementeira enfróntase xa a dous recursos de resposición da licenza municipal, unha denuncia ante a Policía Autonómica e as numerosas críticas ás supostas irregularidades que comete nunha explotación que dana un río, o Camiño de Santiago e o xacemento da Cova de Eirós.