Primavera sen mina en Corcoesto
Ducias de veciños das localidades próximas a Corcoesto celebraron un xantar lúdico para celebrar a comunicación oficial da paralización definitiva do proxecto mineiro.
Ducias de veciños das localidades próximas a Corcoesto celebraron un xantar lúdico para celebrar a comunicación oficial da paralización definitiva do proxecto mineiro.
A multinacional traballa cunha empresa "estratéxica" que lle achegaría o financiamento necesario para continuar co proxecto, segundo di nun comunicado no que aclara que a Xunta lle garantiu a vixencia da autorización ambiental "ata decembro de 2017".
O alcalde de Cabana de Bergantiños cre que a suspensión só é temporal, anuncia que a empresa e o Concello acudirán á xustiza e advirte de empresas dispostas a "ser o apoio económico" para relanzar a iniciativa de Edwater.
A multinacional canadense segue á procura de investidores e pretende recorrer ante a Xustiza a denegación da mina por parte da Xunta. "Mentres siga habendo ouro, por moi pequena que sexa a cantidade, as multinacionais vano seguir intentando".
A Dirección Xeral de Minas comunica a paralización definitiva do proxecto mineiro case medio ano despois do anuncio da suspensión por parte da Xunta de Galicia e logo de meses de enorme mobilización cidadá.
A Comisión de Peticións mantén o expediente aberto tras escoitar as denuncias da oposición veciñal e a pesar de que a Xunta suspendeu temporalmente o proxecto e de que o PP solicitou que se pechase o caso porque "non dá máis de si".
Un documental que relata a división veciñal ante o proxecto megamineiro en Bergantiños ve a luz na Rede inserido na plataforma Miríades, que achega unha morea de documentación sobre a polémica iniciativa paralizada temporalmente pola Xunta. Podes ver o documental no interior.
O PP veta unha iniciativa do BNG apoiada por toda a oposición para reformar a lei da minaría e evitar as "bombas ambientais". Os conservadores obvian os informes científicos e as recomendacións do Parlamento Europeo e aseguran que a na cianuración é "a mellor técnica dispoñible".
Este proceso é un dos problemas máis serios asociados ás actividades mineiras como a que se prevé en Bergantiños ao poder contaminar con augas ácidas os ecosistemas e matar moitos organismos.
Serafín González, presidente da SGHN, investigador do CSIC e un dos líderes na mobilización contra o megaproxecto mineiro de Corcoesto reflexiona sobre a paralización do proxecto e advirte de que "a loita debe continuar".
A Xunta anunciou a paralización da mina en Bergantiños e os colectivos contrarios advirten da necesidade de "seguir vixilantes" ante a posibilidade de que outra empresa con maior solvencia asuma ese proxecto ou outros en Galicia.
Rexeita o proxecto de vez pola súa insolvencia financeira, pero non polos riscos medioambientais, logo de que a multinacional non reunise o 25% dos fondos propios sobre o investimento.