A Xunta paraliza a mina de Corcoesto
A Consellería de Economía comunica á empresa que non autoriza polo momento o proxecto ao "non cumprir as máximas garantías de viabilidade técnica e económica".
A Consellería de Economía comunica á empresa que non autoriza polo momento o proxecto ao "non cumprir as máximas garantías de viabilidade técnica e económica".
Catro profesores universitarios alertan dunha concentración de arsénico máis alta da que di a empresa e pide controis máis exhaustivos. "Se non se adoptan as medidas oportunas, pode haber graves efectos sobre o medio ambiente e a saúde pública", din.
O debate organizado o pasado mércores por Praza Pública e A Nave de Vidán deixou un chamamento a seguir traballando e a tecer redes en todo o país para frear os distintos proxecto mineiros en preparación: "Informarnos, informar, dar charlas, chegar a alianzas cos medios que nos apoian, usar moito a rede, e así poder chegar aos sitios antes que as empresas". Audio no interior.
A Nave de Vidán acollerá este mércores ás 20.30 horas un debate sobre os perigos da megaminaría, coa participación de Paco García Trigo (Plataforma de Corcoesto), Nela Abella (Verdegaia), Xoán Doldán (Véspera de Nada) e Lola Torrano (Contramínate Laxe).
Delmi Álvarez inicia un proxecto documental que denuncia as ameazas dos megaproxectos mineiros en Europa. 'In the name of Gold' comeza nunha aldea de Romanía onde o pobo resiste ante a futura implantación dunha xigante mina de ouro, pero seguirá por Galicia ou Bulgaria.
As alegacións contra o novo permiso de investigación piden que varias parroquias sexan declaradas áreas de especial protección no plan mineiro da Xunta e reclaman ao Goberno que paralice a DIA pola intención de facer de Cabana o centro de tratamento de mineral de toda Galicia.
Edgewater dá por feito que se aprobará o proxecto, presume do apoio da Xunta, do desenvolvemento económico que provocará a mina e anuncia a finalización dos últimos informes requiridos polo Goberno.
O presidente da Xunta anuncia o veto á mina de feldespatos de Xinzo de Limia mentres o seu grupo parlamentario se mantén inmóbil no aval a Corcoesto
O alcalde de Coristanco dubida do proxecto e o seu concello presenta alegacións á ampliación mentres o tenente de alcalde apoia a empresa ante o Parlamento Europeo.
A Plataforma en Defensa de Corcoesto denuncia que o Concello denegou a solicitude para realizar un acto informativo sobre o proxecto no Auditorio Municipal, malia que o rexedor participou hai unhas semanas nun acto da empresa mineira no mesmo espazo.
A Consellería de Economía confirma unha nova achega económica pública ao desenvolvemento de proxectos mineiros e prioriza a zona onde se prevé situar a mina a ceo aberto de Corcoesto.
Equo elabora unhas montaxes que representan con imaxes a tamaño real o espazo que ocuparía o proxecto sobre as principais cidades de Galicia e que amosan "as dimensións desta aberración medioambiental".