Todos contra a megaminería
Unha marcha "unitaria e apartidista" protestará este domingo en Compostela contra a política mineira da Xunta, á que se opoñen unanimamente todos os colectivos sociais, sindicais e políticos agás o PP.
Unha marcha "unitaria e apartidista" protestará este domingo en Compostela contra a política mineira da Xunta, á que se opoñen unanimamente todos os colectivos sociais, sindicais e políticos agás o PP.
Aclará á plataforma Salvemos Cabana que analizará con detalle o proxecto para garantir "o pleno cumprimento da lexislación europea". O PPdeG apoia a megaminería en Bergantiños, que considera "beneficiosa" e "co apoio da maioría".
Salvemos Cabana presenta no Parlamento 23.000 firmas contra o proxecto, mentres o colectivo favorable reúne unhas 5.500 e defende a infraestrutura "aínda que só dea traballo un ano". PSdeG, AGE e BNG reiteran o seu rexeitamento frontal á infraestrutura e piden á Xunta que recapacite.
Salvemos Cabana presenta ás administracións un plan de viabilidade económica que aposta polo sector primario, a produción orgánica e o turismo de calidade para xerar emprego e benestar na comarca en contraposición á polémica mina.
Uns 200 tractores responderon ao chamamento da Plataforma Veciñal Corno do Monte e denunciaron a actitude da Xunta e do alcalde da vila: "nos periódicos din unha cousa, pero a hora da verdade nos papeis din outra"
A Xunta gábase de que Galicia "sexa xa unha potencia mineira" e lanza unha nova liña de subsidios centrada en comarcas nas que se concentran boa parte dos novos proxectos extractivos
Carlos Blanco, Suso de Toro ou Fernando Vázquez protagonizan un vídeo no que alertan ao mundo dos graves riscos que supón para o país a política mineira da Xunta e únense á recollida de sinaturas para deter os numerosos proxectos. Vídeo no interior.
Salvemosgalicia.org comezará a operar en xuño co obxectivo de "alertar, informar e actuar en colaboración coas comunidades afectadas fronte aos proxectos de minaría contaminante" que tentan instalarse en Galicia
O alto comisionado encarga unha peritaxe a investigadores da USC logo de que a Xunta negase a incidencia no Anllóns da que alertaba o CSIC e tras tramitar 16 queixas sobre a explotación mineira.
A plataforma ContraMINAcción presentou a mobilización que terá lugar en dúas semanas en Compostela co obxectivo de frear "a expansión da minaría salvaxe" e de denunciar a connivencia da Xunta. Corcoesto, Xinzo ou A Fonsagrada son só algúns dos espazos ameazados polos 520 proxectos activos.
Diversas plataformas sociais galegas piden á UE máis compromiso na defensa dos cidadáns "ameazados" polas minas a ceo aberto previstas no país. O BNG pide un cambio lexislativo en Europa para prohibir o uso de cianuro nestas explotacións.
A empresa mineira solicita novos permisos de investigación e exploración que suporían "unha ampliación sen precedentes" do proxecto inicial, que se estendería a toda a comarca de Bergantiños e sobre case 90 quilómetros cadrados.