Galicia non é unha mina
Os informes da Xunta avalan a mina de feldespatos de Xinzo
A Plataforma Veciñal Corno do Monte salienta que "a consellería de Medio Rural tiña que pechar as portas e non deixar dúbidas de que esta veiga é unha zona agrícola, non mineira" e alerta de que 210 postos de traballo están en risco
Críticas ao permiso concedido pola Xunta a Edgewater para buscar ouro en dúas parroquias de Coristanco
Salvemos Cabana alerta de que as prospeccións en 600 hectáreas das parroquias coristanquesas de Cereo e Valenza podería ter "graves consecuencias" sobre a produción "da que está considerada como a mellor pataca de Galicia".
A montaña luguesa, en alerta ante o posible "expolio" mineiro
A Xunta autoriza que unha empresa canadense tome mostras en dúas reservas da biosfera á procura de cinc, cobre, ouro, prata e chumbo. O alcalde da Fonsagrada advirte de que todos os grupos políticos do concello se manterán "na defensa a ultranza do territorio".
O plan mineiro da Xunta dá vía libre á explotación de calquera terreo en Galicia
O Goberno presenta o Plan Sectorial de Actividades Extractivas, que permite autorizar minas en calquera lugar especialmente protexido e que dá por feito que o proxecto de Corcoesto é "estratéxico", malia que esa condición non foi confirmada oficialmente.
O futuro de Corcoesto dirímese en Europa
A Plataforma en defensa de Corcoesto e Bergantiños presenta unha denuncia ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo. A iniciativa, que conta co apoio de Ana Miranda, podería permitir que os veciños opostos ao proxecto mineiro expoñan a súa situacion no Europarlamento
A Defensora del Pueblo recibe máis documentación sobre as "irregularidades" en Corcoesto
A plataforma contraria á mina advírtelle de que os elevados niveis de arsénico na zona "son consecuencia das antigas labores mineiras" e de que o proxecto mineiro "contempla novos vertidos de arsénico ao medio por riba do límite permitido pola lexislación". Soledad Becerril xa abriu unha investigación de oficio sobre a mina.
Salvemos Cabana agradece "a maioritaria e contundente oposición sindical" ao proxecto mineiro de Corcoesto
CC.OO., CIG, Sindicato Labrego Galego, Unións Agrarias e Xóvenes Agricultores posicionáronse en defensa do postos de traballo asociados ao sector primario e turístico nas comarcas próximas á mina e que se verían ameazados.
Manifestación a prol da mina de Corcoesto polo 1º de Maio en Madrid
O colectivo Corcoesto Sí, Mina Sí mobilízase xunto a USO en apoio do proxecto mineiro e para rexeitar "o incumprimento de prazos da Xunta" e o "rexeitamento absoluto á minería de grupos ecoloxistas e nacionalistas"
"A Xunta decide: A mina ou nós"
Centos de persoas volveron manifestarse este sábado Xinzo contra o proxecto de instalación dunha mina de feldespatos na comarca. Os representantes da plataforma veciñal Corno do Monte informaron dos resultados da xuntanza que mantiveron coa subdirectora xeral de Minas.
Xinzo maniféstase de novo contra a mina de feldespato
Será este sábado ás 12 do mediodía, organizada pola Plataforma Veciñal Corno do Monte e conta co apoio da plataforma ContraMINAcción
O prezo do ouro
Pilar García Negro