Tractorada contra a mina de Corcoesto
Sairá o vindeiro domingo 7 de abril desde Ponteceso e está apoiada por numerosas organizacións políticas, sindicais, ecoloxistas e sociais.
Sairá o vindeiro domingo 7 de abril desde Ponteceso e está apoiada por numerosas organizacións políticas, sindicais, ecoloxistas e sociais.
A asociación 'Corcoesto si, mina si' remite un escrito á Consellería de Educación para censurar charlas contra o proxecto nos colexios. Critica a actitude de BNG ou AGE e as pintadas en sinais de tráfico.
A entidade pídelle á Xunta que aplique o "principio de cautela" ante o dano que podería provocar a explotación e lembra a resolución aprobada polo Parlamento europeo en 2010 que alerta dos perigos dos proxectos mineiros de carácter aurífero a ceo aberto.
Advirte que denunciará a empresa mineira "se utiliza a sinatura dun convenio para xustificar o proxecto" e aclara que o acordo só consiste en elaborar un informe para avanzar nas medidas protectoras e correctoras establecidas na Declaración de Impacto Ambiental.
Unha nova axuda do Goberno central de 150.000 euros únese á que xa recibira hai un ano o polémico proxecto de Cabana de Bergantiños.
A Alianza Rural Galega presenta un manifesto que pretende poñer as bases para unha gran plataforma galega contra a minería contaminante e no que reclama un aproveitamento sustentable dos recursos xeolóxicos.
A Alianza Rural Galega traballa nun documento no que convida a participar a organizacións e colectivos sociais, políticos, veciñais e plataformas de afectados polos proxectos mineiros que ameazan Galicia.
Unha muller pide ao rexedor que deteña o proxecto que destruiría o manancial que subministra auga á parroquia de Cereo.
A empresa mineira inicia a selección para cubrir 271 postos de traballo despois de que a Xunta prometese maís de 1.300. O PP tomba unha iniciativa parlamentaria para revisar a declaración de impacto ambiental, que a oposición e a plataforma veciñal ven ateigada de irregularidades e imprecisións.
Máis de 1.000 veciños das comarcas de Bergantiños e a Costa da Morte maniféstanse en Coristanco contra o polémico proxecto mineiro a ceo aberto.