Corcoesto podería ser o destino de residuos tóxicos de toda Galicia, segundo 'Salvemos Cabana'
A plataforma amosa a súa "profunda preocupación" polo plan mineiro da Xunta, que pode multiplicar por dez o volume de refugallos xerados na mina. Só en Corcoesto a Declaración de Impacto Ambiental prevé o emprego de 546.000 quilos anuais de cianuro de sodio.