Milleiros de persoas contra a reapertura da canteira da Casalonga en Teo
Veciñanza e colectivos contra o proxecto protestan durante un día enteiro e de maneira ininterrompida nun tramo da N-550. Advirten de que a restauración pode supor a acumulación de residuos tóxicos na zona. Unha manifestación de 5.000 persoas pon fin á mobilización.