Ánxel Casal: 80 anos do día en que o editor do galeguismo foi alcalde
O 23 de febreiro de 1936 Ánxel Casal tomou posesión como alcalde de Santiago. Durante o seu breve mandato o responsable da Editorial Nós introduciu a lingua galega na vida municipal e impulsou decisivamente a campaña do Estatuto de Autonomía.