Vigo e Pontevedra, contra o desmantelamento da sanidade pública
Ao redor de corenta mil persoas manifestáronse este venres en Vigo convocadas por SOS Sanidade Pública, unha marcha que este venres se repetirá en Pontevedra. Criticáronse os recortes, a "discriminación" desta área sanitaria e demandouse un novo hospital, cun financiamento "100% público".