"Asinou o contrato un día e botárona ao seguinte por estar embarazada"
Unha celadora do Hospital Xeral de Vigo foi despedida sen nin tan sequera comezar a traballar. A dirección do centro e o Sergas argumentan na "protección á maternidade" o veto a unha traballadora que non puxo reparo ningún en levar a cabo o seu labor.