Álvaro Domínguez

Álvaro Domínguez

Álvaro Domínguez é licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, profesor de Historia no ensino da educación secundaria. En 2022 gañou o VII Premio Fundación Xosé Neira Vilas de novela curta pola súa obra Cristais rotos.

  • A síndrome do impostor no neofalante

    Falo galego orgulloso de falalo. Porque era a miña lingua mesmo antes de eu sabelo ou recoñecelo. Son neofalante, e, xa que logo, o meu galego é imperfecto. Porén, é meu. E, como me dixo un bo amigo, o único galego malo é o galego non falado.