Carlos Casares: Palabras amigas
Armando Requeixo comenta o ensaio de Rafael Laso Lorenzo, Carlos Casares, o amigo das palabras: "Os que mellor o coñeceron saben ben que Carlos Casares sorriría ao ver un libro como este"
As valgas feras: lermos catalán en galego
Armando Requeixo analiza a tradución de As valgadas bravas, un dos libros clave do Modernismo catalán, que publica Hugin e Munin
Sobre o humorismo galego
Armando Requeixo analiza o libro de Félix Caballero, O humor galego alén da retranca, que percorre elementos como a súa definición, a súa concreción galega, a influencia que sobre do noso humorismo está a ter a globalización, a presenza do humorístico na TVG
O humilde brillante
Armando Requeixo analiza A luminosa mirada dos ollos de Isaac, o volume no que Xosé Ramón Fandiño compilou a obra ensaística dispersa de Isaac Díaz Pardo.
Poesía, Política, Nación
Máis que interesante e altamente informativo o volume Éirí Amach publicado hai pouco polo selo O Figurante Edicións, unha antoloxía poética galego-inglesa que xira en torno á escrita dos chamados Poetas do Alzamento da Pascua de 1916 en Irlanda.
Os versos eivisencos de Antoni Marí
Armando Requeixo analiza Tríptico, o poemario do poeta balear que publica Kalandraka, traducido por Xavier Rodríguez Baixeras.
Ramiro Torres: Campos de luz
Armando Requeixo analiza para Praza Esplendor arcano, o seu primeiro libro de versos do poeta coruñes, publicado polo Grupo Surrealista Galego Xalundes, que se estrea como editor con esta obra.
Conversas nordesías: Ferroláns de seu
Armando Requeixo comenta o libro que Nicolás Vidal e José Gómez Fandiño veñen de publicar en Edicións Embora e que recolle 43 entrevistas publicadas no Diario de Ferrol.
Multiverso zulú
A Hora zulú de Santiago Lopo é un dos libros máis sólidos e entretidos dos publicados nestes meses, confirmando a progresión ascendente deste narrador vigués, de lazos bretóns e vencello lucense.
A indeterminación de Carlos Lema
O poeta e editor, a quen xa debiamos outros valiosos traballos sobre Proust, Postone, Char ou Heidegger, revalida con este Indeterminacións a súa condición de lúcido ensaísta e pensador fondo, instalado na máxima espesura de sentido e na densificación conceptual extrema, mais xustamente por iso de ben rigorosa e moi proveitosa mensaxe.
Fran Alonso pisa a fondo
Armando Requeixo ofrécenos a súa visión sobre a última novela de Fran Alonso, A punta de pistola, unha road movie con moitas cousas no seu interior: o reflexo da incomunicación interxeracional, o maltrato infantil ou a denuncia da situación de sometemento de moitas mulleres
A arte secuencial de Will Eisner
Que Rinoceronte Editora e Rafael Salgueiro se animasen a verter ao galego esta obra mestra do cómic é esforzo que debe aplaudirse, pois en contadas ocasións temos a fortuna de ler (e ver) en selos nosos estas alfaias da BD.