A orde do mundo
Armando Requeixo ofrécenos esta semana a recensión de A música das esferas (Euseino?) do poeta, ensaísta e editor Carlos Lema.
María Reimóndez. A luz que non estiña
Armando Requeixo fálanos esta semana de Presente Continuo (Xerais), o último poemario publicado por María Reimóndez, dez anos despois da edición do seu primeiro libro de poesía
'A Guerra', abrindo fendas para a resistencia
Armando Requeixo comenta o poemario A Guerra, realizado conxuntamente por María do Cebreiro e Daniel Salgado, "un memorando de cicatrices, deste mundo noso enleado nunha guerra manifesta que os medios se empeñan en chamar eufemisticamente crise"
Río alzheimer: Restauración da luz
Armando Requeixo fálanos hoxe do poemario de Carlos Pereira Martínez, que "acaba por se constituír nunha sorte de crónica da ruína do eu, da disolución da personalidade, revelando as miudezas que, día tras día, confirman a traxedia e anuncian a fin"
'Inmateriais' de Suso de Toro: Voces do Alén
Armando Requeixo comenta este luns a última obra de de Suso de Toro, que destaca que "non escribe para compracer" e que "o seu non é agradar aos seareiros deste ou daquel deus literario e iso, xa se sabe, a algúns fáiselles notoriamente incómodo"
Shami, a voz do mar de Rosalía
Este sesquicentenario da publicación dos Cantares gallegos que transitamos vainos deixando alfaias miúdas que, axiña que pase a marusía da efeméride, ficarán no areal fulgurando perennes. Unha desas xemas faiscantes é o novo discolibro de Najla Shami, Na lingua que eu falo
Memoria das sombras
Armando Requeixo debulla Días que non foron, o libro de relatos de Luís Rei Núñez, que este xoves se presenta na Feira do Libro da Coruña a pratir das 20 horas, coa participación de Mercedes Queixas, Manuel Bragado e do propio autor.
Cristina Pato na Casa Grande de Cimadevila
Armando Requeixo analiza o volume Galicia no fol, editado por Galaxia para acompañar a concesión á gaiteira ourensá do Premio Trasalba.
Morgan Robertson e as serendipias
O lectorado galego ten dende xa a posibilidade de se abraiar coas premonicións literarias mercé á excelente translación que dende o inglés levou a cabo o avezado tradutor Alejandro Tobar para o selo Hugin e Munin baixo o título O afundimento do Titán.
Chus Pato: Na lingua das bestas
Armando Requeixo preséntanos a recensión de Carne de Leviatán, o último poemario da autora ourensá. "Volveu facelo: escribir un novo poemario como quen funda unha cidade de palabras nun ermo devastado, reconstruíndo das cinzas de libros pasados un templo para a verba", afirma o crítico
Twain en Camelot
Armando Requeixo reseña a publicación en Kalandraka de Un ianqui na corte do rei Artur, o divertido clásico de Mark Twain.
Eros hai mil anos
Armando Requeixo analiza o Leda m’and’eu. Erótica medieval galaica, o ensaio co que Olga Novo obtivo o XII Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal convocado pola editorial Toxosoutos.