The Deep Blue Sea, "unha película de amor perfecta"
Estréase nas salas comerciais de España o último filme de Terence Davies. Eloi Domínguez Serén, un dos responsables d'A Cuarta Parede, ofrécenos a súa visión sobre o que algúns cualificaron como "unha película de amor perfecta"
The Yellow Sea: Historia de dúas cidades
Durante máis de dúas horas e media de intrépida e cativadora fuxida cara adiante, The yellow sea alcanza unha prodixiosa simbiose entre o thriller policial, o noir e o cinema de acción, que conflúen admirablemente para tecer unha espectacular epiderme que, porén, encobre en realidade un descarnado drama social. O filme poderase ver este venres 25 ás 20 horas no CGAI, nunha proxección promovida por Expotaku coa colaboración d'A Cuarta Parede.
Monsieur Lahzar: Ensinar é aprender dúas veces
O filme de Philippe Falardeau baseado na obra de teatro de Evelyne de la Chenelière, que se estrea esta fin de semana leva a que fagamos algunhas reflexións sobre cinema e educación
Así foi o Indie Lisboa 2012
Tal e como acontece coa ópera, co ciclismo ou cos deportes de neve, tamén a temporada cinematográfica organízase cada ano en función dunha serie de datas clave e citas ineludibles, que se repiten ciclicamente. Neste calendario, un festival como o Indie Lisboa adquire un interesante valor estratéxico para críticos de medios modestos ou programadores de festivais menores, ademais dun notable atractivo para a cinefilia en xeral. O feito de que o certame lisboeta se celebre só un par de semanas antes de Cannes, propicia que a súa programación inclúa, en gran parte, unha boa escolma da colleita que está a piques de concluír.
Somos a nosa memoria, esa morea de espellos rotos
Gardo sentimentos opostos, incluso contraditorios, respecto a Martha Marcy May Marlene. Cando disgrego e examino os diversos elementos que compoñen o filme de Sean Durkin, estimo que cada unha das pezas foron consideradas, elaboradas e executadas dun xeito afortunado e suxestivo. Tamén a ensamblaxe e articulación das partes orixinan un conxunto harmónico e atrainte. Porén, o resultado antóllaseme insatisfactorio e non logra contentarme. Sinto que a partitura e os instrumentistas son axeitados, mais a súa melodía soa un tanto discordante.
This is not a film: Prohibido dicir 'Acción!'
This is not a film é o contestatario e ousado exercicio metafílmico, a materialización dunha non-película por parte dun director, Jafar Panahi, a quen se prohibe facer películas, un subversivo e loable acto de resistencia contra a opresión dun réxime totalitario e intolerante. Un proxecto tan arriscado e clandestino que, di a lenda, logrou atravesar as fronteiras de Irán e chegar ata Cannes nun pen-drive agochado no interior dunha torta. Unha colaboración d'A Cuarta Parede.
Take Shelter
A frase promocional da serie Game of Thrones ben podería intercambiarse coa do Take Shelter de Jeff Nichols, e mesmo manter un diálogo simétrico con ela. “Achégase o inverno”, “refúxiate”. Son as sintéticas mensaxes que definen esta obra, merecedora do premio FIPRESCI na Semana da Crítica de Cannes.
O Vikingland de Xurxo Chirro, merecido gañador do Play-Doc
O meritorio e merecido premio de Vikingland en Tui é o primeiro galardón internacional que recibe o filme de Xurxo Chirro, logo dun amplo percorrido por festivais como FidMarseille, Mar del Plata ou Xixón. Tomando unha elocuente e oportuna expresión dun filme de María Ruido, Vikingland representa “a memoria do traballo e o traballo da memoria”. Resulta curioso (ou talvez non tanto), que un filme que transcorre integramente entre Alemaña e Dinamarca poida ser tan profundamente galego, posiblemente o máis galego que eu tiña visto. Unha crónica de Eloy Domínguez.