Rajoy liga a activación do 155 en Catalunya a actos de "acoso" dos que soubo polos medios
"Se non se chamase á xente a un referendo ilegal non teríamos que ver as lesións", di o ex-presidente do Goberno central na súa declaración como testemuña no xuízo aos líderes independentistas cataláns sobre a intervención policial na xornada do referendo
O tortuoso camiño para reclamar os 1.000 millóns de indemnizacións do Prestige dezaseis anos despois
A aseguradora británica resístese a pagar e blindouse no Reino Unido de posibles reclamacións directas de afectados pola marea negra. Algúns prexudicados piden ao Goberno de España que adiante as indemnizacións e evite que teñan que acudir en solitario á Xustiza británica
A sentenza das hipotecas, retrato dun enfrontamento sen piedade entre xuíces do Tribunal Supremo
Os maxistrados que votaron a prol da banca atacan o que consideran un xiro "tan inopinado como radical" que deu lugar á "controversia social". Os maxistrados críticos cren que os seus compañeiros despregaron "un desinhibido repertorio de medias verdades, desafogos verbais e argumentación pouco rigorosa"
O Supremo corríxese a si mesmo e ditamina que os clientes e non os bancos paguen os impostos das hipotecas
O alto tribunal español aproba por 15 votos a 13 revogar a doutrina que avalaran tres sentenzas e mantén a postura favorable aos bancos tras frear a aplicación da que daba a razón á clientela
A Fiscalía pide 25 anos de cárcere por rebelión para Junqueras e 17 para os 'Jordis' e Forcadell
O ex-vicepresidente catalán e líder de ERC levará a peor parte da acusación do Ministerio Público. O criterio da Fiscalía non o comparte a Avogacía do Estado, que reclama até 12 anos de cadea por sedición e malversación.
O Supremo sume na incerteza a ducias de miles de persoas ao frear a nova doutrina sobre os impostos das hipotecas
O alto tribunal español xustifica coa "enorme repercusión económica e social" que traería consigo este "xiro radical" na doutrina sobre as hipotecas para frear a súa aplicación. Fontes xurídicas subliñan que o acontecido é totalmente inusual
O BOE fai público o patrimonio persoal de 1.500 cargos políticos nomeados desde 2014
O documento recolle as declaracións de bens de altos cargos dos gobernos de Rajoy e Sánchez. Reflíctense a suma dos bens, os cartos depositados en contas correntes ou as súas accións en empresas e fondos, pero non se debulla o número de bens nin o nome das empresas participadas.
A sentenza da Gürtel condena os líderes da trama e certifica o financiamento do PP con diñeiro negro
Máis de 50 anos de cadea para Correa, 33 para Bárcenas e 37 para Pablo Crespo, ex-número tres do PPdeG. O Partido Popular, condenado "a título lucrativo" nun ditame que é un catálogo da corrupción con todos os delitos posibles: só os 28 de prevaricación suman 194 anos de inhabilitación.
A xustiza alemá atranca o plan para axuizar o independentismo catalán por rebelión
A decisión alemá fai difícil que a Fiscalía española poida soster a acusación de rebelión contra un grupo de persoas cando está incapacitada para facelo contra quen ostentaba o maior cargo de responsabilidade no Goberno catalán
A xuíza Lamela intentou convencer a Bélxica de que o Govern era corrupto para extraditalo xa
Na orde europea de detención e entrega, a maxistrada marcou o cadriño de "corrupción" como único delito que estaría recoñecido en Bélxica
Orde de busca e captura contra Puigdemont
A xuíza da Audiencia Nacional Carmen Lamela pide a detención inmediata del e do resto do seu Govern que está en Bruxelas por rebelión, sedición, malversación de fondos, prevaricación e desobediencia
Sobresoldos e campañas grazas ao 3%: as claves da caixa B do PP "abrumadoramente" acreditada
A Fiscalía insiste en que o PP usou unha contabilidade en negro que alimentaba con achegas de empresarios. Eses cartos, segundo a investigación da trama Gürtel e dos papeis de Bárcenas, usáronse para engordar os recursos electorais e tamén para mercar accións de medios afíns