María Lopo é ensaísta, doutora en Literatura francesa e catedrática de francés. Especialista en María Casares, publicou a correspondencia co seu pai Santiago Casares Quiroga en Cartas no exilio (2008), a monografía O tempo das mareas. María Casares e Galicia (2016, 2022) e o catálogo da exposición do centenario que comisariou na cidade da Coruña: María Casares, actriz océano. Itinerario vital dunha exiliada (2022). Tamén en 2022 realizou a reedición anotada de Residente privilegiada, a tradución española das memorias da actriz.