A vaca de Quim Cambalhotas
Joaquim Agostinho, o mellor ciclista portugués da historia, nunca perdeu de vista o tema agrícola. Unha vez, correndo en Francia, chamárono para dicirlle que lle roubaran vinte vacas. Alugou un avión privado e, entre etapa e etapa, voou a Torres Vedras para atopar o gando e ao maleante que llo mangara
'Pitcher' Castro
Polo visto o Comandante era un verdadeiro apaixonado do America's favourite pastime. Unha das invencións máis famosas que o relacionan co béisbol é o mito de que Fidel estivo a piques de converterse en profesional cun equipo estadounidense, cambiando deste xeito a historia do século XX.