De festa co equipo de hockey
A primeira muller capaz de baixar do minuto nos 100 metros libres saíu de farra co equipo de hockey e despois dun par de roldas de máis decidiron honrar unha das tradicións olímpicas máis arraigadas: roubar bandeiras
O robot que derrotou a Bonaparte
O robot xadrecista estaba deseñado dun xeito diabólico. Abrírase o portelo que se abrise, o que aparecía ante os ollos das testemuñas eran piñóns, porquetas, cegoñais, correas e pancas, distribuídas dunha maneira o suficientemente enxeñosa como para ocultar dentro a un mestre de xadrez
O burato de Joe Louis
Cando Joe Louis volveu da guerra, comprobou con horror que o seu peto dos cartos tiña un burato do tamaño de Alabama.
Néboa sobre Stamford Bridge
Sam Bartram foi un dos primeiros futbolistas modernos á hora de xestionar a súa imaxe. Diante del apareceu unha figura que avanzaba demasiado amodo para ser un dianteiro 'blue'
O Pontiac de Wim van Est
Van Est lanzouse costa abaixo coma un poseso; caeu, volveu erguerse, volveu sentir a roda picada, seguiu recto nunha curva e caeu de cabeza por un estarrecedor cavorco. A gran caída foi materia prima para un truculento anuncio
Pioneiras que non eran
Eis a explicación á imaxe misteriosa. Despois de días investigando chegou á conclusión de que a fotografía correspondía a unha comparsa de Entroido de 1925
Quen eran estas pioneiras?
Aproveito para pedirlles información: Quen son estas pioneiras do fútbol galego en Allariz? Que partido foi ese entre Celanova e Arnoia?
FC Bakunin
Os anarquistas, polo visto, despregaron un xogo vistoso e tan xovial coma as súas pintas; desgraciadamente, resultaron ser un conxunto brillante pero pouco organizado, afouto mais individualista en exceso
Portugal, fútbol e barberías
Dise que Eusébio comeu durante 20 anos, día tras día, no mesmo restaurante lisboeta e colleu por hábito ir con bastante frecuencia á perruquería do Hotel Ritz. Alí fixo por forza amizade con João Besteiro, que lle cortou o pelo durante medio século
Ronald Reagan, xornalista deportivo
Reagan desenvolvera unha memoria fotográfica para paliar unha miopía galopante; aínda que nunca vise un partido narraba o xogo de forma convincente e apaixonada
Adiante, Gwengamp!
O En Avant naceu en 1912 da man de Pierre Deschamps, fundador tamén da Misión Laica Francesa, e consolidouse da man de sindicalistas, radicais de esquerdas e líderes locais da Internacional Obreira. As cores do traxe, negra e vermella, non lles son as mesmas que as dos anarquistas por casualidade, polo tanto.
A Marosa drive-in
Para min os locutores eran coma corresponsais en zona de guerra; imaxinen a emoción coa que vivín o primeiro partido radiado dende a grada da Marosa