Toda esa merda deportiva
Baixo a ollada de Hunter S. Thompson a Superbowl ou unha carreira de cabalos convértense en espectáculos orxiásticos nos que o que menos interesa é a acción, como é de esperar.
Panorama Regional
Non existía a TVG nin recibiamos a emisión de TVE dende Compostela; na tele botaban o 'Panorama Regional' asturiano e os luns era imprescindible botarlle un ollo ao resumo da xornada dos equipos de Asturias
O equipo das bruxas
O Benevento disputou a máxima categoría por primeira vez na historia e perdeu os catorce partidos iniciais. O primeiro punto chegoulle case por obra de bruxería: xogando nada menos que co Milán, o seu porteiro conseguiu marcar de cabeza no minuto 94
A bici de Vladimir Ilich
Había que botarlle peito para circular en bicicleta polo París de comezos de século, pero Lenin non perdía ocasión de facelo
As mortes de Ottavio Bottechia
Un accidente ou un asasinato político? O falecemento deste gañador de dous Tours de Francia estivo arrodeado por unha nebulosa de dúbidas
As sufraxistas ciclistas
Hawkins e outras activistas percorreron a periferia en bicicleta para levar a loita polo voto ás máis remotas aldeas con gran éxito entre o público feminino e enorme espanto entre o sector máis cabestro da Gran Bretaña rural
Oliver, Benji e a dura realidade
O modelo que seguiron os debuxantes foi o de Musashi Mizushima, un centrocampista que partiu con só once anos cara ao Brasil para aprender da canteira do São Paulo
Gaña o Emperador
A Nerón gustáballe competir e, xa que estaba, gañar. E como estas cousas pasaban sempre, decidiu participar nos Xogos Olímpicos; competiu só porque ninguén quería enfrontarse ás súas perrenchas, así que a vitoria estaba cantada
Todos contra Petrovic
Babic é quizais o máis descoñecido dos xogadores da lendaria escola iugoslava dos oitenta mais, aínda hoxe, posuidor do récord de puntos anotados nun partido oficial en Europa
Fitness para maduros
Lev Nikoláievich aprendeu a montar xa cerca dos 70 anos e estaba moi preocupado porque os campesiños da comarca, que o consideraban practicamente un santo, fuxían espantados ao paso daquel señor sobre dúas rodas
Biescas, un ano antes
No fermoso camping o ciclista Fernando Escartín era todo un culto: en cada un dos locais había colgada unha foto súa en pleno esforzo
"Córtame a deda que así hei de ir máis lixeiro"
O ciclista René Vietto era un tipo duro desde a infancia. A súa fotografía chorando sentado nun valado de pedra durante o Tour de 1934 tornou en toda unha icona da carreira francesa