A eterna promesa
Na Vuelta de 1983 Gorospe perdeu nunha tirada máis de vinte minutos e pasou de líder a non entrar nin nos dez primeiros. Hai quen di que a responsabilidade puido con el. En Serranillos perdeu "ata o apelido"
Unha vítima do xadrez
Ao principio dos vibrantes anos 20, mentres as vangardas estoupaban, Duchamp deixou o circuíto da arte para entregarse en corpo e alma aos 64 cadriños
Maracanazo judoka
O judo foi dominado polos nipóns ata que foi incluído por primeira vez no programa dos Xogos Olímpicos. E a caída do pedestal non puido ser maior
A sopapos sobre a ponte
O cadro no que Joseph Heintz retratou unha multitudinaria pelexa non é a única escena similar que se pintou nesa época, porque as pelexas colectivas eran probablemente o deporte máis popular na Venecia dos séculos XVI e XVII
Cadriños sobre un estadio
No estadio de Colombes comezaron a resoar nomes tan galegos como Vidal, Andrade ou Cea na selección do Uruguai, os franceses honraron o seu xogador de rugby aviador e viron como o deporte se mesturaba coa guerra
A saudade do señorito
A Nabokov gustáballe parar, pero o que máis lle prestaba era deixar voar a imaxinación; esquecía tanto o partido que aos compañeiros lles parecía mal
Raquetas ou espadas
Durante catro séculos contouse que Caravaggio tivera que fuxir en pleno éxito artístico despois de asasinar un home por unha disputa nun partido de tenis, pero a cousa foi algo máis complicada
As ratas e o barco
"Mentres cruzaba a meta, o fascismo caía", contou Pugnaloni moito tempo despois. Cando se convenceu de que non tiña sentido reclamar o galardón, arrincou do traxe a insignia fascista, tirou con ela e marchou
A chispa de Tuskegee
Alice Coachman foi a primeira muller negra en gañar unha medalla olímpica de ouro (en salto de altura en Londres 1948). Como lle ocorrera ao seu compatriota Jesse Owens uns anos antes, os Xogos foron o momento culminante da súa vida, e o regreso aos Estados Unidos, un golpe brutal de realidade.
Maratón punk
É difícil imaxinar a un tipo menos atlético que Joe Strummer, pero, de crelo, chegou a completar tres maratóns na súa vida. En Londres, París e nun evento benéfico para recadar fondos contra a leucemia. As imaxes son moi estrañas: nelas vese ao artista con peiteado mohawk e unha dubidosa saúde bucodental, moi fraco e lucindo o dorsal 0918.
Van Looy, un malo de cómic
Se hai no ciclismo un supervilán de cómic, ese é seguramente Rik Van Looy. Un potente equipo de gregarios para arruinar carreiras e mesmo abusos verbais en plena ruta estaban entre as súas malas artes, que ninguén sufriu tanto coma Merckx, ao que lle chamaba "pailán" pola maneira de pronunciar
O adestrador simbionés
Nos anos setenta Jack Scott reclamou a fin da discriminación racial nos Estados Unidos e un deporte máis igualitario, colaborando co black power. Aínda que foi apartado dos seus cargos como adestrador universitario, soubo reinventarse, deixándonos obras teóricas e técnicas pioneiras e traballando con estrelas como Carl Lewis ou Ben Johnson.