Unha carreira para idiotas
CON VÍDEO En 1981 Hinault decidiu que xa estaba ben de romper a cabeza coa Paris-Roubaix, que a correría unha vez máis e a gañaría, para que calasen por fin os que o consideraban un covarde
Cando Boris coñeceu a Leonidas
Onishchenko protestou, fíxose o ofendido, acabou recoñecendo que non o tocara, alegou avarías varias e tentou cambiar a arma por outra. Mais desta volta os xuíces non tragaron e desmontaron a arma
O divino manco
O Uruguai futboleiro é en verdade unha quinta provincia; no equipo que gañou o Mundial de 1930 estaba Héctor Castro, lenda do Nacional de Montevideo e procedente dunha prototípica familia galega emigrada a Sudamérica
Os falcóns en Xeorxia
En xullo de 1988 os Atlanta Hawks vivían unha das súas mellores épocas na NBA e compartían avión coa selección da Unión Soviética. Toda unha aventura da era da perestroika.
Gretel, Ibolya, Dora
A historia de Dora Ratjen é a máis alambicada e triste despois de converterse na dominadora absoluta do calendario de salto de altura feminino, batendo récord tras récord; tras varrer nos Europeos de Viena, un celoso revisor entregouna ás SS
As curvas de Maradona
Cada vez que co coche atravesabamos as curvas da Maradona, en Barreiros, antes de chegar a Lourenzá, a min dábame por pensar que sería bonito que o Diego fose de por alá
O gato máis cachas de Venice Beach
Duchaine era un gran defensor do uso de substancias dopantes para mellorar as calidades dos atletas. Tomar algunha daquelas porcalladas, admitía, podía xerar efectos secundarios estraños. "E aínda así, amamos estas substancias", remarcaba
Bicis, xenebra e xerseis co arco da vella
Despois de anos de loita, Van Bree gañou en 1937 o Mundial; só un par de anos despois estaba de volta na casa, coidando da nai enferma e afogando a frustración en alcol
Motocrós e música techno
Os colegas suxeríronlle a Joaquín Isidoro que se metese na cabina do disc jockey para non estorbar, e alí pasou o resto da noite. Volve varias noites e o 'pincha' pídelle que o cubra unha hora. Menos de dez anos despois é número un en varios países e volve tolos a auditorios xaponeses de 50.000 persoas
A guerra dos Hearts
Os xogadores do Heart alistáronse en masa nun batallón dos Royal Scots, unha das unidades máis castigadas na historia do exército británico; coa Gran Guerra naceu o duopolio de Celtic e Rangers
Morte na área técnica
En setembro de 1985 Escocia xogaba a entrada no Mundial fronte a Gales; feito un monllo de nervios, Stein ergueuse do banco, discutiu con varios fotógrafos e antes de cchegar ao banco rival caeu redondo
"O cabalo saltou por riba do puto valado"
A primeira encarga de Vonnegut no 'Sports Illustrated' foi un artigo sobre unha proba hípica; ficou tan bloqueado que botou horas na redacción mirando fixamente o papel ata que acabou por erguerse e marchar